top of page

Traxectoria

   Raíces da Terra (1973-1977) foi un grupo folk de Moaña que naceu ao abeiro da parroquia do Carme. As súas primeiras actuacións teñen lugar nos festivais benéficos de Nadal compartindo palco, entre outros, con Xil Ríos e a Masa Coral Moañesa. Desde 1974 alterna no seu repertorio a poesía galega de autores como Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas e Manuel Curros Enríquez con cantigas populares tradicionais.

Raices da Terra
O grupo en 1975 no adro da igrexa de San Martiño, Moaña

   En 1975 gaña o 1º Premio da Canción Galega de Cangas e o 2 de marzo de 1975 participa no Festival Folk Galego que ten lugar no Pavillón do Sar en Santiago de Compostela, ante cinco mil persoas, xunto a Emilio Cao, Os Xoglares, Candieira, Fuxan os Ventos, Folk Ceibe, Bibiano, Luís Emilio Batallán, Xurxo Mares, Miro Casavella, Benedicto, Xosé Quintas Canella, Xosé Manoel, Manoel Hermida, Jei Noguerol, Rodrigo Romaní, Antón Seoane, Agustín Maroñas e Armando, no que constituíu a presentación do "Movimento Popular da Canción Galega".

Book no.1
Book no.2
Raices da Terra
Festival Folk Galego, 2 de marzo de 1975, Pavillón do Sar (Santiago de Compostela)
(Foto cedida por Antón Seoane/Benedicto García Villar)
   1975 e 1976 foron os anos con máis actuacións do grupo: recitais, festivais e tamén é de salientar a súa participación no espectáculo “Os vellos non deben de namorarse”, do Grupo de Teatro do Ateneo de Moaña. O grupo vai minguando de número até que en abril de 1977, só conta con 5 compoñentes.
Book no.3
Raices da Terra
   En 1977 o grupo decide fusionarse co grupo moañés Terra e Tempo, mantendo o nome de Raíces da Terra. Ese mesmo ano gaña o 1º Premio do Festival da Canción Galega de Moaña. A finais deste ano desfaise.
San Antoniño de Barro, 1977. De esquerda a dereita: Suso Fernández, Josefa Martínez, Chelín Rodríguez, Pedro P. Riobó e Antón Parada
Raices da Terra
1977, Festival da Canción Galega de Moaña

O noso cantar ten raíces na terra

bottom of page