top of page

Grupo folk dos setenta

 

Books

O noso cantar ten raíces na terra,

o noso cantar ten raíces no mar,

a nosa canción é palabra de area

a nosa canción é palabra de sal.

Erguemos a voz para sermos herdanza,

erguemos a voz para ser o cantar

do que fomos e somos, desa lembranza

que nos trae a memoria dos nosos pais.

 

O noso cantar é un acto de fala,

o noso cantar é un acto de amor

pola lingua que nos aprenderon na casa,

pola lingua matriz dos nosos avós.

As nosas cancións son para a nosa xente,

o alento e o afecto que ela nos dá

é o zume que nutre a nosa semente

que se cadra algún día ha de agromar.

Raíces de gozos, raíces de penas,

raíces de amores e de falas ledas.

Raíces profundas dun tempo de arelas

Raíces, raíces, raíces da terra.

In The Press
Bio
News and Events
Contact

O noso cantar ten raíces na terra

bottom of page